Campamentos intensivos durante as vacacións escolares (vacacións de Semana Santa e tras finalizar o colexio, antes do comezo do verán) onde os alumnos traballarán para levar a cabo un proxecto cinematográfico de forma colectiva, traballando o guión, a planificación, a rodaxe da película e a montaxe. O campamento finaliza coa proxección da película na sede da Agrupación Cinematográfica Galega.
GuiónComo escribir unha historia
A idea da película, o guión literario, as secuencias, as escenas, a escaleta, o guión técnico, desenvolvemento dos personaxes e diálogos.
|
PlanificaciónComo organizar unha rodaxe
Traballo completo de preprodución. Planificación de rodaxe, calenarios, localizacións, necesidades de filmación, equipo de cámara e son, etc.
|
RodaxeComo rodar unha película
Dirección, dirección de actores, fotografía, cámara, son, iluminación, arte, vestiario, maquillaxe. Todos os postos dunha rodaxe.
|
MontaxeComo editar os materiais
Montaxe de planos e secuencias, combinación de sons e banda sonora (música), posproducción, corrección de cor, programas de edición, etc.
|