CINEMAESCOLA
  • Inicio
  • Sobre a escola
  • Curso anual
  • Campamentos
    • Xullo 2018
  • Matriculas
  • Contacto
  • Blog
  • Krakatoa
Imagen
Imagen
Imagen

Aprenderán a facer cine a través de actividades lúdicas e formativas, facéndose responsables das súas propias funcións, tomando decisións individuais e colectivas de cara a crear e finalizar proxectos cinematográficos baseados no traballo en equipo.

Guión


Imagen

Como escribir unha historia

A idea da película, o guión literario, as secuencias, as escenas, a escaleta, o guión técnico, desenvolvemento dos personaxes e diálogos.

Planificación


Imagen

Como organizar unha rodaxe

Traballo completo de preprodución. Planificación de rodaxe, calenarios, localizacións, necesidades de filmación, equipo de cámara e son, etc.

Rodaxe


Imagen

Como rodar unha película

Dirección, dirección de actores, fotografía, cámara, son, iluminación, arte, vestiario, maquillaxe. Todos os postos dunha rodaxe.

Montaxe


Imagen

Como editar os materiais​

Montaxe de planos e secuencias, combinación de sons e banda sonora (música), posproducción, corrección de cor, programas de edición, etc.
Imagen

O nacemento do cinema


Creación de obxectos precinematográficos
Imagen

Os alumnos experimentarán o nacemento do cinema a través de xogos e exercicios manuais e visuais. Entenderán cando, como e por que nacen a fotografía e o cinema. Realizarán unha cámara escura para entender o fenómeno fotográfico, facendo e revelando unha fotografía de forma artesanal, tal e como se se fixo ata a chegada do dixital. Coñecerán a relación entre a fotografía e o cinema a través da construción de inventos pre-cinematográficos, como o taumátopo e o zootropo, e así, coas súas propias mans e con imaxes  xeradas por eles mesmos, entenderán o fenómeno óptico da ilusión de movemento.

Cinema de Ficción


Realización de película de ficción
Imagen

Coñecerán as primeiras expresións do cinema de ficción, entendendo o poder e a función social / cultural do xénero. Comezaremos a experimentar con técnicas cinematográficas asociadas á narrativa audiovisual, desde a escritura dun guión ata as técnicas de gravación relacionadas con secuencias de montaxe. Daremos os primeiros pasos cara ao traballo completo de produción. A través de prácticas, os alumnos entenderán as necesidades e postos de traballo da produción cinematográfica de ficción, realizando pequenas secuencias onde cada alumno pasará por cada posto: cámara, son, dirección, fotografía, etc...

Cinema Documental


Realización de pezas documentais
Imagen

Coñecerán as primeiras expresións do cinema documental, entendendo o poder e a función social / cultural do xénero. Exporanse equipos de traballo sobre temáticas elixidas pos os alumnos e rodaranse pequenas pezas documentais fora do centro. Cada alumno desempeñará unha función dentro do equipo de forma rotativa. Faremos fincapé en educar a mirada dos nenos, en traballar o proceso de coñecemento a través da mirada atenta de cada cousa que queiran filmar. Ao terminar este bloque, os alumnos haberán preproduccido, filmado e editado varias pezas de carácter documental.

Organización e realización da mostra dos seus traballos realizados ao longo do ano


Imagen
Ao finalizar o curso, os alumnos encargaranse de organizar unha mostra / exposición dos traballos que realizaron ao longo do curso. Encargaranse, entre todos, de cada unha das partes do evento: deseño e realización do programa, os espazos expositivos, relación cos medios de comunicación, deseño do cartel e outros elementos de difusión, actividades complementarias, etc.

Podes baixar o Dosier de Curso Anual de Cinema

curso_anual_cinemaescola_-_acg.pdf
File Size: 371 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Imagen
Imagen

Unha academia de cinema que ten como obxectivo formar a nenos e mozos no seu desenvolvemento persoal a través da creación cinematográfica.

1

Aprendizaxe 
baseada nas 
emocións
​
A emoción é a enerxía que move o mundo e constitúe a parte máis importante para captar e fixar a aprendizaxe de forma profunda e duradeira.

2

Aprendizaxe
baseada na
alegría
​

Asociar a aprendizaxe á alegría por aprender, ao espertar e ao pracer, favorecendo así a curiosidade e a creatividade de cada alumno.

3

Aprendizaxe
fomentando
a autoestima

​
Acompañar aos alumnos no proceso de descubrir e facerse conscientes das súas capacidades, para conectarse consigo mesmos.
Imagen
Imagen
información
Imagen
Imagen
información
Imagen

Menú da web

Inicio
Sobre a escola
Curso anual

Campamento Xullo 2018
Matrículas
​Contacto

Contacto

Rúa Uruguai  17
entreplanta dereita

36202, Vigo
Pontevedra, Galicia
Teléfono
​604023276

cinemaescola.vigo@gmail.com

Cinemaescola Blog

Cinemaescola na prensa
Críticas cinematográficas
Noticias entorno á educación fílmica
Festiváis de cine en Galicia
Próximos cursos
Cursos realizados

Términos legais

Aviso Legal
​Política de privacidade
Política de devolucións
Condicións xerías
Créditos da páxina



Imagen
Cinemaescola
​Copyright © 2017/18
  • Inicio
  • Sobre a escola
  • Curso anual
  • Campamentos
    • Xullo 2018
  • Matriculas
  • Contacto
  • Blog
  • Krakatoa