CINEMAESCOLA é unha academia de cinema, ubicada en Vigo, que ten como obxectivo formar a nenos e mozos no seu desenvolvemento persoal a través da creación cinematográfica.
Puxemos en marcha esta iniciativa porque cremos que o cinema é unha boa ferramenta para que as persoas, tamén os nenos, se conecten con eles mesmos e atopen a súa propia voz. Porque cremos que educar unha mirada atenta é importante de fronte ao desenvolvemento humano e é importante para coñecer, comprender e experimentar a vida. Traballar nestas direccións con idades temperás é unha boa oportunidade, xa que son etapas determinantes no desenvolvemento da personalidade. O noso obxectivo é achegar á infancia e á mocidade o cinema como arte, e que atopen nel un espazo de desenvolvemento persoal e artístico onde poidan expresarse e investigar o mundo que lles rodea, tanto o seu mundo interior como o mundo exterior que lles acompaña.